Important Announcement
PubHTML5 Scheduled Server Maintenance on (GMT) Sunday, June 26th, 2:00 am - 8:00 am.
PubHTML5 site will be inoperative during the times indicated!

Home Explore LIBRO COMPLETO IMPRIMIR

LIBRO COMPLETO IMPRIMIR

Published by anaherva, 2017-12-11 12:49:06

Description: LIBRO COMPLETO IMPRIMIR

Search

Read the Text Version

PROXECTO INTERDISCIPLINARIO: “QUEN PASA A MAROLA, PASA A MAR TODA” Bioloxía-Lingua Galega-Xeografía. 1º ESO. NOVEMBRO 2017 Este libro é un estudo da fauna e flora particular do Monumento Natural Costa de Dexo - Serantes” regado cos versos e a prosa da nosa imaxinación. Tras percorrer paseniño a impresionante paisaxe de Oleiros e contemplar como a natureza bate, crece e repousa nos cantís en fronte á Marola, démonos conta que o refrán que da titulo ao noso proxecto é case unha verdade científica. Ás veces non hai que ir lonxe para atopar lugares marabillosos.

ÍNDICE: ALGAS..............................................................5 AVES................................................................10 MARIÑOS...................................................53 MAMÍFEROS.............................................70 VEXETACIÓN ARBÓREA.....................81 VEXETACIÓN DOS CANTÍS.............92 MATOGUEIRAS .....................................105

ALGAS

GOLFONOME CIENTÍFICO: Saccorhiza polyschides.FAMILIA: Phyllariaceae.FOLLAS: Caducas.FLOR: Sen flor.FROITO: Non ten froito.PORTE: Non é leñoso.HÁBITAT: Sobre rocas no sublitoral.CURIOSIDADES: Posúe un talo marrón que normalmente alcanza ostres ou catro metros de lonxitude ,pero que pode chegar incluso adez metros, alcanzando maior tamaño canta maior profundidadehaxa na súa zona de crecemento.

POEMASon unha planta que vive no mar E coas ondas xogo a nadar. Podo medrar e medrar A ver se ti me logras alcanzar!

Alga vermellaNOME CIENTÍFICO: O seu nome científico é Nemalionhelmintoides.FAMILIA: O alga vermella pertence a esta familia:Liagoraceae. E agrúpase no reino das plantas.FOLLAS As ramas fanse máis delgadas cara aos extremos, pero osápices son redondeados. E a súa cor é vermello pardo.HÁBITAT: Vive en rochas sobre landras de mar, lapas o mexillóns.Tamén presente en charcas. Preferentemente en lugares batidos.CURIOSIDADES: Son raras as formas unicelulares, pero abundan aspluricelulares, orixinadas pola unión de numerosos filamentos,que poden formar láminas de ata 1 m de lonxitude, pero que nuncaalcanzan a complexidade que teñen as algas pardas. Existenunhas 8.000 especies, principalmente mariñas, que se encontrandende o intermareal aos 40 m, aínda que ás veces, se existe luz deabondo, poden pasar os 200 m de profundidade.reproducción: A súa forma de reprodución sexual é aespermatización, na que o gameto masculino, un espermacio,fecunda ao gametangio feminino.

POEMA Agochada nas areas, lévanas as mareas. Adoita na praia estar, e vive no mar. Vermella é a súa cor,Como se fose dun pintor.

AVES

Andoriñón grandeNOME CIENTÍFICO: O seu nome científico é Apusmelba.VERTEBRADO Ou INVERTEBRADO: É un animalvertebradoGRUPO: Forman parte do reino animal, no grupo das aves eclasifícase na familia apodidae.CARACTERÍSTICAS DO SEU CORPO: tratase do máis grande e vistoso dosandoriñas españolas. Presenta unha silueta típica en forma deballesta, cola curta e levemente aforquilada, e ás moi longas eestreitas, de aleteos lentos. Posúe pico curto, plano e coa boca moiancha; patas emplumadas e extremadamente curtas, que lleimpiden posarse no chan; e pés pequenos e de fortes garras, coscatro dedos dirixidos cara diante.FORMA DE DESPRAZAMENTO: desprázanse voando. Teñen unhas alasmoi longas e estreitas.

ALIMENTACIÓN: Son carnívoros e maioritariamente aliméntanse devermes.REPRODUCIÓN: reprodúcense sexualmente; é dicir, fai falta outroanimal para que o andoriñón poda ter as súas crías. Ademais sonovíparos; iso quere dicir que poñen ovos. LENDAConta a lenda, que no século XVII un vello campesiño adestrouunha pomba.Un día levouna xunto unha meiga porque a pomba non medraba.A meiga botoulle un conxuro máxico e a pomba medrou ata quetempo despois, xa non era unha pomba, senón unha especie de avemoi grande; chamada andoriñón grande.

AVENOITEIRANOME CIENTÍFICO: Caprimulgus europaeus.VERTEBRADO Ou INVERTEBRADO: Vertebrado.GRUPO: Aves.CARACTERÍSTICAS DO SEU CORPO: Son colivermellos, de plumaxeextremadamente críptico, teñen enormes ollos escuros e a posesiónde vibrisas táctiles en torno ao pico. As ás e a cola son longas eaparecen adornadas no seu extremo por rechamantes ocelosbrancos (visibles en vo) que resultan máis evidentes no macho.FORMA DE DESPRAZAMENTO: As súas rutas migratorias e as áreas deinvernada son pouco coñecidas, aínda que se sabe que cruza oestreito de Xibraltar desde setembro ata outubro e que as aveseuropeas invernan cara o sur e suroeste do área de reproduciónafricana da especie.ALIMENTACIÓN: Ocasionalmente, caza do solo presas como saltóns ouescornabois.

REPRODUCIÓN: Pouco se sabe da reprodución desta enigmática especie.o período reprodutor iníciase ao pouco de chegar das áreas deinvernada —sobre o mes de maio— e prolóngase ata xullo. O niñoconsiste nunha simple depresión no chán, a miúdo protexida poralgún arbusto, na que a femia deposita normalmente dous ovoslisos e brillantes de cor cremoso ou esbrancuxado. POEMA Voa polo ceo inmenso, sempre sen rumbo, segundo o vento. Mentres eu nela penso alá se foi cara o convento.

AZORNOME CIENTÍFICO: Accipiter gentilisVERTEBRADO Ou INVERTEBRADO: VertebradoGRUPO: AvesCARACTERÍSTICAS DO SEU CORPO: É unha ave rapaz de tamaño medianopero as femias son máis robustas que os machos.Locen unha plumaxe grisácea e escura no dorso,a súa cabeza éredondeada,e a cor dos ollos varia coa idade, cando nacen teñen osollos amarelos e cando son adultos vanse volvendo vermellos.FORMA DE DESPRAZAMENTO: Son sedentarios,é unha especie residente napenínsula. Realizan movementos latitudinais de poucaconsideración, mentres os novas fan desprazamentos dispersivos deescasa amplitude.ALIMENTACIÓN: É un depredador bastante xeneralista ,cazancoellos,lebres e esquíos. Adaptase ben a dispoñibilidade daspresas.REPRODUCIÓN: Reprodúcense a finais de inverno no niño.A femiadeposita 3 ou 4 ovos tarda 35 e 38 días en incubar,cando nacen sonprotexidos e criados pola femia

POEMA Voa e voa sen parar alimentando aos pitiños e cazando de par en par. A súa plumaxe marrón o seu grande peteironon é froito da túa imaxinación.

CHASCONOME CIENTÍFICO: Saxicola rubicolaVERTEBRADO Ou INVERTEBRADO: Vertebrado é dicir tencolumna vertebral.GRUPO: Mucicapidae.CARACTERÍSTICAS DO SEU CORPO: O ave gordecha de cabeza redondeada,no verán, o macho ten a cabeza e o dorso negros, manchas brancasno pescozo, nas alas,peito castaño vermellos, máis pardo eapagado en inverno, en verán a femia con partes superiores pardolistadas tena máis escura no inverno. Mide 13 cm.FORMA DE DESPRAZAMENTO: O seu desprazamento é aéreoALIMENTACIÓN: Principalmente insectos e as súas larvas, vermes earañas.REPRODUCIÓN: Pon os ovos de marzo a xuño, entre 5 e 6 ovos azuisclaro con finas pinchas de cor pardo avermellada. A incubación afai a femia durante 15 días e son alimentados por ambos pais

POEMA Ai chasquiño, chasco voa,voa polo ceo, non teñas medo do morcego, que el dá moito asco. Ai chasco, chasqueiro, es moi bo aviador, pero pouco comedore andas picando co teu peteiro.

CORVO MARIÑO CRISTADONOME CIENTÍFICO: Phalacrocorax aristotelis.VERTEBRADO Ou INVERTEBRADO: VertebradoGRUPO: AvesCARACTERÍSTICAS DO SEU CORPO: É un corvo mariño de tamaño medio-grande, quealcanza de media uns 68-78 cm. de longo, uns 95-110 cm. de envergadura e ten o pescozolongo. Ten unha plumaxe negra con reflexos verdes e unha garganta amarela.Distínguese do corvo mariño grande polo seu tamaño inferior, complexión máis lixeira esobre todo nos adultos pola súa crista e polo reflexo verdoso do seu plumaxe. A cola docorvo mariño ten 12 plumas remeiras. O final da mandíbula inferior do pico acaba antesno ollo.FORMA DE DESPRAZAMENTO: Desprázanse voandoALIMENTACIÓN: A alimentación deste paxaro abarca todo tipo de peixes; especialmenteas anguías, que ocupan unha parte considerable da súa dieta nos lugares onde estápresente.REPRODUCIÓN: O Corvo mariño grande reprodúcese en colonias as que volve, nalgúnscasos, dun ano para outro. As parellas, polo contrario, permanecen xuntas soamentedurante unha estación. Constrúen o seu niño, formado por algas, herbas e excrementos, endiferentes recunchos do seu hábitat: dende riscos e rochas núas ata as árbores ecanaverais. Os corvos mariños poñen de dous a tres ovos por niñada.

POEMA Voo polo gran ceo noite e día, co meu verdoso plumaxe e reprodúzome polo mediodía. Son gran mergullador da auga,gústame alimentarme das anguías que van debaixo dunha piragua.

Estreliña riscadaNOME CIENTÍFICO: regulus ignicapillusVERTEBRADO Ou INVERTEBRADO: a estreliña riscadaé un animal vertebradoGRUPO: a estreliña riscada pertence ao grupo das aves, á familia dossylviidaeCARACTERÍSTICAS DO SEU CORPO: é unha das aves máis pequenas dapenínsula ibérica con 9 cm. de lonxitude e 6 gramos de peso. Tenun dorso verde pálido, cunha mancha ocre a cada lado do pescozoe una lista ocular negra.FORMA DE DESPRAZAMENTO: a estreliña riscada desprazase voandograzas a que ten ás, tamén pode pasear e dar uns pasos por quetamén teñen patas ,pero moi pequenas.ALIMENTACIÓN: aliméntanse principalmente de pequenosinvertebrados,como pulgóns, arañas e colémbolos.REPRODUCIÓN: a época de cría comeza en abril. A femia constrúe oniño con forma de copa esférica semipechada, enche a base demusgo e liques,que colocará nalgunha rama alta dunha árbore ou

arbusto. A incubación e responsabilidade exclusiva da femia, perodo coidado dos poliños se encargan ambos proxenitores. LENDAA estreliña riscada é un paxaro ,que pasa pala Costa de Dexo.Dise que un día,cinco paxaros formaron unha estrela e caeron doceo e rascaron o corpo coas rochas e por iso dende entón chámaseestreliña riscada.

FERREIRIÑONOME CIENTÍFICO: Parus cristatus.VERTEBRADO Ou INVERTEBRADO: Vertebrado.GRUPO: Ave.CARACTERÍSTICAS DO SEU CORPO: Normalmente miden 11'5 cm. Ten unhacrista triangular e apuntada, chea de plumas brancas e negras; asúa cara tamén está recuberta de bandas negras e brancas.FORMA DE DESPRAZAMENTO: É un ave basicamente sedentaria, quemesmo se mantén nos bosques de cotas altas.ALIMENTACIÓN: Aliméntase tanto de sementes (piñóns e froitos deenebros) como de arañas e insectos.REPRODUCIÓN: Reprodúcese nos meses de abril e maio. As femiaspoñen entre 3 e 9 ovos; e a incubación prolóngase durante 18 días.

LENDAVaivos parecer estraño pero son un ferreiriño, son un animalvertebrado, pero con ósos moi lixeiros xa que debo voar; aínda teñoque dicilo todo, non son un gran voador, prefiro andar a choutospolo chan para buscar sementes coas que me alimentar.Ides pensar que son un presumido pero a verdade é que son moi,moi guapo, vistes algunha vez unha cara de paxaro tan fermosa?Pois se parece que vou maquillado!Son tan feitiño que parece que levo un colar, pero é a miñaplumaxe! De verdade que eu non fago nada para ser así dexeitosiño.Se me queredes coñecer, só tedes que ir dar unha volta polosfermosos paraxes de Dexo. Alí vos espero.

FERREIRIÑONOME CIENTÍFICO: Parus ater.VERTEBRADO Ou INVERTEBRADO: É un animal vertebrado.GRUPO: É un ave.CARACTERÍSTICAS DO SEU CORPO: Ten unha mancha branca no pescozo.Chama a atención polo seu claro e agudo canto. Os seus territoriosfavoritos son os bosque e calquera lugar na que haxa arboresaltas especialmente pinos, abetos entre outros.FORMA DE DESPRAZAMENTO: Desprázanse voando.ALIMENTACIÓN: Aliméntanse de insectos, incluíndo escaravellos,moscas e as súas larvas sementes de cardo e outras herbáceas.REPRODUCIÓN: Son ovíparos. Crían en calquera buratoadecuado,nunha árbore, muro,etc. Usando normalmente os niñosartificiais. Durante a incubación o macho alimenta á femia, e se uninimigo potencial se se aproxima, esta aguanta sobre os ovos ata oultimo momento, no que se bota a voar e a asubiar iradamente.

POEMA Este ferreiriño voa con amor se vai con temoré o meu paxariño.Pola illa do Paíño Viaxa con amorpero xa sen temor voa o Ferreiriño.

FERREIRIÑO GRANDENOME CIENTÍFICO: Parus MajorVERTEBRADO Ou INVERTEBRADO: VertebradoGRUPO: AvesCARACTERÍSTICAS DO SEU CORPO: Mide uns 14 cms. É unha especie facilmenterecoñecible polo color amarelo do seu corpo, que contrasta co azul das alas e a cola. A cabeza éde cor negro-acibeche e con fazulas moi brancas , salvo nos que teñen menos dun ano, algoamarela. Os machos distínguense das femias porque teñen unha banda negra que recorre o seucorpo dende a garganta ata a base da cola . As femias teñen moi pouco marcada esa bandaFORMA DE DESPRAZAMENTO: Desprázase voando (normalmente vos curtos) e movéndoseentre as ramas das árbores as que tamén se suxeita fortemente para buscar a súa comida .Étamén moi áxil saltando entre as herbas.ALIMENTACIÓN: A súa alimentación consta ,basicamente, de insectos e sementes. É moihabitual velo nos bosques no chan levantando as follas secas en busca de insectos e larvas , cousaque tamén atopa baixo as cortizas das árbores. Algúns dos insectos que come son : orugas,arañas, ovos de bolboretas,abellas ,avespas,etc. Tamén picotea e come a corola de moitas floresdas árbores froiteiras , así extrae as sementes. É omnívoro.REPRODUCIÓN: Inicia a reprodución en marzo e o normal e que poña entre 6-8 ovos queincuba a femia durante 12-14 días e tamén é ela a que fai o niño. Os ovos son de cor branco conpunteado vermello disperso por toda a superficie. A maioría dos niños están nos ocos dasárbores,furados e gretas de muros de pedra, noiros , ete.Despois de nacer os polos tardan entre oito-nove días en abrir completamente os ollos e rara vezsaen do niño antes de cumprir os 18 días.Voan tres semanas e independízanse as seis ou sete.

POEMA Son alongado e moi boíñoO meu corpo amarelo é como o sol do ceo.Cando vai moito frío póñome como o xeo,son ovíparo e cando nazo son pequeniño. Voo polo ceo azul e claro onde me atopo outros paxaros. E vou atravesando aros e non pensedes que son tan raro.

GAIVOTA ESCURANOME CIENTÍFICO: Larus fascus.VERTEBRADO Ou INVERTEBRADO: Vertebrado.GRUPO: Aves.CARACTERÍSTICAS DO SEU CORPO: Pesan entre 700 e 850 gramos e a súalonxitude é de entre 38 e 45 cm. os adultos teñen as ás negras e ospoliños as teñen marróns .FORMA DE DESPRAZAMENTO: Desprázanse polo aire porque son aves edesprázanse grazas as dúas ás que teñen.ALIMENTACIÓN: Son omnívoros e comen de todo, pero o máis habitual eque coman miñocasREPRODUCIÓN: Reprodúcense sexualmente e normalmente crían ospoliños en cantís.

POEMA Era unha gaivota escura que vivía coa súa nai e sempre cantaba ai,ai,ai, mentres pescaba as luras.Un día ela nas rochas morreu, e nai de pena chorou. Pero para animarse cantou e caeu, caeu, caeu.

LIÑACEIRONOME CIENTÍFICO: Carduelis cannabinaVERTEBRADO Ou INVERTEBRADO: VertebradoGRUPO: AvesCARACTERÍSTICAS DO SEU CORPO: O liñaceiro é un paxaro moi pequeno,omaior pode medir é 14 cm,e pesa entre 15 e 21 g.Ten a cabezagris,fronte e peito de cor rosado escuro.Ten bordes brancos nas plumas da cola e das ás,o seu peteiro é decor marrón claro,e as patas son pequenas e de cor marrón.FORMA DE DESPRAZAMENTO: Poden voar e emigran Así, as que críannas latitudes máis setentrionais desprázanse cara o entornomediterráneo tras o período reprodutor..O liñaceiro común é un avede carácter sedentario, pero a súa vez e considerado unha das avesmigratorias que se desprazan a outras áreas durante a época dooutono para pasar do inverno en rexións Europeas e parareproducirse e criar.ALIMENTACIÓN: Consume sementes pequenas, que busca no chan.Tamén captura insectos, sobre todo durante a primavera e o verán,para alimentar aos polos.

REPRODUCIÓN: Adoita criar en parella, pero hai machos que copulancon máis dunha femia de forma sexual.Inicia a primeira posta nos meses de abril e maio, pero nas áreasmais cálidas pode comezar moito antes. En sentido oposto, enterritorios montañosos, por enriba do límite forestal, retrasa o inicioda reprodución. A femia constrúe o niño que empraza en arbustosdensos. Na primeira posta adoita elixir plantas perennes, pero nasseguintes escolle tamén arbustos caducifolios que xa desenvolveranas súas follas. Pon de catro a seis ovos, de cor branco azulado econ moteado vermello ou púrpura no seu polo mais ancho, e osincuba durante 10-14 días. Os polos, nada máis nacer, sonempolados pola femia e alimentados polo macho. Abandonan oniño dúas semanas despois. POEMA É un paxaro moi pequeno a súa cor é moi escura o seu peteiro é moi duro e non come ningún veleno. Os niños constrúen en parella para os seus pequenos pitiños mentres son moi pequeniños vixiando coas súas orellas.

MASCATONOME CIENTÍFICO: Morus bassanus.VERTEBRADO Ou INVERTEBRADO: Vertebrado.GRUPO: Ave.CARACTERÍSTICAS DO SEU CORPO: Mide entre 80-100 cm. de lonxitude. Asúa cabeza é de cor amarelada, o seu peteiro é gris con raiasnegras, o seu pescozo é, xeralmente longo e cola en punta; os súasás son de cor branca negro pero os seus extremos son de cor negroFORMA DE DESPRAZAMENTO: Gran migrador, comeza a migración cara osur tras o período da súa cría, a partir de mediados de agosto. Amaioría da poboación emigra ás costas Atlánticas Africanas,chegando ata a golfo de Guinea.ALIMENTACIÓN: O seu alimento básico son os peixes de tamañomediano, captúraos mentres voa sobre a auga e logo déixase caerdende o ceo sobre eles a gran velocidade en picado pregando as ásao corpo, capaz de alcanzar os 100 km/hora.REPRODUCIÓN: Os seus niños sitúanse sobre amplas repisas nas zonassuperiores dos illotes. Regresa á mesma colonia ano tras ano esempre usa o mesmo niño; son construídos con materia vexetal,plumas e terra constituíndo unha pequena elevación (30-60 cm.). O

macho trae os materiais. Realiza unha soa posta ao ano de un sóovo. LENDAOla, son unha ornitóloga que todos os días saio ao bosque parabuscar novas especies e investigar sobre elas.Pero hoxe levei unha desilusión porque non atopei ningunha avenova por ningures, pero de súpeto, cando estaba apoiada nunhaárbore, chegou unha ave e posouse no meu ombreiro, mireino e......era un mascato!Que alegría!, pero cando reparei ben nel, vin que non estaba benalimentado, así que o levei para a miña casa para coidalo.Pasado uns días , o mascato xa estaba ben, e eu non quería que sefose do meu lado, pero a natureza é a natureza e hai que deixalovoar.Con tristura despedinme del e deixeino voar. Chorei por el.Ao día seguinte escoitei uns golpes na porta e era o mascato quepetaba co seu peteiro! Que alegría! Dende entón venme ver todos osdías.

MIÑATONOME CIENTÍFICO: Buteo buteoVERTEBRADO Ou INVERTEBRADO: VertebradoGRUPO: AvesCARACTERÍSTICAS DO SEU CORPO: O miñato típico acada entre 51 e 57 cmde lonxitude, cunha envergadura de 110 a 130 cm con as ásdespregadas, o que o coloca entre as rapaces de tamaño medio.FORMA DE DESPRAZAMENTO: Voando polo aireALIMENTACIÓN: Cría nos bosques, mais acostuma a cazar en terreoaberto. Aliméntase de pequenos mamíferosREPRODUCIÓN: O miñato común constrúe un único niño ben en arboresou en penas illadas. A femia pon só 2 ou 3 (moi raramente 1 ou 4)ovos no niño, entre marzo e maio. Os ovos son caracteristicamentebranco- azulados con pintas grises ou acastañadas. Oempolamento dura, polo normal, 34 días, alternándose para isomachos e femias. Os polos fican no niño por uns 40 ou 50 días.

POEMAMiñato a túa plumaxe é branca e negra como a cor da escuridade ti planeas por todo o ceo para aterrar en costa Dexo o teu piar escóitao ata un cangrexo e observámoste dende a nosa cidade.

PAIÑO DO MAL TEMPONOME CIENTÍFICO: Hydrobates pelagiusVERTEBRADO Ou INVERTEBRADO: É un animal vertebrado,ten endoesqueleto..GRUPO: É unha ave.CARACTERÍSTICAS DO SEU CORPO: O paíño europeo é unha ave mariña dafamilia dos hydrobátidos, grupo que inclúe vinte especies en todo omundo, estando só catro de elas presentes en España. Ata omomento se describiron dúas subespecies. Trátase da máispequena no grupo de aves mariñas, cunha lonxitude de apenas20cm e un peso de non máis de 25 gramos. A súa cor e negra,grisácea ou parda, co trazos brancos na cola e nas axilas das ás.FORMA DE DESPRAZAMENTO: Os paíños son aves mariñas quepermanecen durante a maior parte do ano en mar abertadesprazándose a terra firme só para criar. Voan a moi baixaaltura case arrastrando as patas na auga.

ALIMENTACIÓN: Aliméntanse de insectos xeral:REPRODUCIÓN: Reprodúcense mediante ovos. POEMA Este paíño do mal tempo Só está na costa de Dexo onde está?Eu non o vexo Este paíño do mal tempo escóndese sempre na costa de Dexo vai cos seus amigo ao xeo pero só lles gusta ir cando vai mal tempo.

PAPORRUBIONOME CIENTÍFICO: Erithacus rubeculaVERTEBRADO Ou INVERTEBRADO: VertebradoGRUPO: AvesCARACTERÍSTICAS DO SEU CORPO: É bastante pequeno, ten unha coralaranxada polo pescozo e a cara e o resto do corpo son dunha corgris, é bastante pequeno e gordiño o seu tamaño é: de largo é entre12,5 a 14 cm., e o seu peso é entre 13-21 g.FORMA DE DESPRAZAMENTO: Mediante o aire, poden migrar pola noite evan, abandonan Finlandia en setembro e outubro e regresan en abrile maio.A maioría deles pasan o inverno no mediterráneo pero haialgúns que se quedan en Finlandia.ALIMENTACIÓN: aliméntanse de sementes, grans e vermes. Sonomnívoros.REPRODUCIÓN: Poñen 2 a 8 ovos de abril a maio, incúbaos a femiaentre 12 a 15 días. Os poliños quedan no niño entre 11 a 17 días.

LENDA DO PAPORRUBIOConta una lenda, que quen toca un paporrubio o seu pelotransfórmase en louro.Alain, o noso protagonista, sabía iso e quería que o seu pelo foselouro, porque a el non lle gustaba ter o pelo tan escuro, así quebuscou onde vivía e foi a polo paporrubio.Tardou dúas horas e 35 min exactamente, porque el foi enbicicleta, e como tiña que ir á costa de Dexo, e ía moito frío, levouun abrigo.Alain tivo que colgarse de cantís, buscar en niños e navegar ata aMarola e o Marolete, pero nada, entón lembrou que o paporrubiovivía en Finlandia mentres que alí ía calor, así que Alain tivo queir a ese país.Cando o noso protagonista ao fin chegou a Finlandia, tivo quecapturar ao paporrubio a base de, froitos de espárrago silvestre easí, é como o capturou, o tocou, e de súpeto o seu pelotransformouse en louro, e esa é a historia de como Alain é loiro.

PAPUXA DO MATONOME CIENTÍFICO: Sylvia undata.VERTEBRADO Ou INVERTEBRADO: Vertebrado.GRUPO: Aves.CARACTERÍSTICAS DO SEU CORPO:-É un paxaro abondoso en Galicia.-É pequeno.-É moi esquivo e difícil de ver, máis doado de oír.-Ten un rabo moi longo e a cabeza un pouco alborotada.-Ten uns ollos que resaltan moito.-A Papuxa do mato ten unha lonxitude duns 12,5 cm e pesa uns8,5 gramos.- O corpo enteiro é de cor escuro, case negro.-Normalmente coa cola erguida e cunha carúncula oculartipicamente vermella.

FORMA DE DESPRAZAMENTO: Voando, polo aire.ALIMENTACIÓN: Aliméntase de insectos, arañas e bagas.REPRODUCIÓN: Reprodúcense sexualmente. A época de cría vai dendeabril a xullo, consistindo a posta en 3-6 ovos. O tempo deincubación oscila entre os 12-13 días. POEMA Paxaro, quérote preguntar como é poder estar enriba dos demais porque debe ser espectacular Pódote en Dexo atopar e tamén nalgún outro espazo porque sempre te moves sen parar.

PETO REALNOME CIENTÍFICO: Alauda arvensisVERTEBRADO Ou INVERTEBRADO: VertebradoGRUPO: O peto real é un aveCARACTERÍSTICAS DO SEU CORPO: O seu corpo está cuberto de plumas,non ten dentes, o seu corpo é fusiforme, posúen un forte peteiro eteñen columna vertebral, respiran por pulmóns e son endotérmicas.FORMA DE DESPRAZAMENTO: As aves desprázanse voando.ALIMENTACIÓN: Son carnívoros.REPRODUCIÓN: Reprodúcense mediante ovos amnióticos que deben serincubados.

POEMA Cos teus ollos a comida verás, Coas túas ás poderás voar,Co peteiro ás túas crías alimentarás. A todo pulmón cantarás E o vento levará o teu son E así a túa parella atraerás.

PICA DOS PRADOSNOME CIENTÍFICO: Alauda prantesis Linnaeus.VERTEBRADO Ou INVERTEBRADO: Son animais vertebrados.GRUPO: Pertencen ao grupo das aves.CARACTERÍSTICAS DO SEU CORPO:As súas principais características son:· Non hai diferenzas entre os dous sexos e os máis novos son idénticos aosadultos, en casos extremos pode axudarche saber que as ás das femias sonmáis pequenas que as dos machos, de feito nas femias adoitan medir menosde 77 centímetros e as ás dos machos son maiores de 82 centímetros.· Os machos son verdes, con pescozo de cor azul verdoso e ventreesbrancuxado. Ademais ten unha mancha detrás dos ollos (algúns carecendela). Teñen as ás pardas e azuladas.· As femias son verdes.O ventre gris claro,mancha detrás dos ollos. Teñen ásde cor azulada coas plumas máis externas coa punta branca.· Adoita medir entre 15 e 24 cm.FORMA DE DESPRAZAMENTO:A maioría de tempo o pasan polo chan aínda que adoitan voar distanciasmoi curtas.

ALIMENTACIÓN:En época de cría a súa dieta está composta sobre todo de moscas,mosquitos eescaravellos de menos de 5 mm; no inverno, aínda que se alimenta de moitosinsectos, tamén inxire bastantes sementes. Capturan as súas presas mediantea busca e o picoteo do chan.REPRODUCIÓN:A súa reprodución é sexual, comeza entre abril e xuño .A femia xeralmentepon dúas niñadas desde catro hasta seis ovos, e os pon nun niño situado nochan. Este proceso dura 11 días e hasta os 12-14 días de vida, as crías sonalimentadas polos seus proxenitores. POEMA A pica dos prados en Dexo, son a ave máis preciosa, eu son unha ave cariñosa e procuro non voar contra o toxo. Son unha ave alongada e rápida, normalmente son marrón clariño, sempre vou amodiño e os peixes e os insectos son a miña comida

RABIRRUBIONOME CIENTÍFICO: Phoenicurus ochrurosVERTEBRADO Ou INVERTEBRADO: VertebradosGRUPO: AvesCARACTERÍSTICAS DO SEU CORPO: Son de cor negra salvo a súa cola queé de cor vermella e son moi pequenos. co corpo fusiformeFORMA DE DESPRAZAMENTO: Poden voar e cando andan é como se desensaltiños.ALIMENTACIÓN: InsectosREPRODUCIÓN: Ovípara e teñen ovos amnióticos.

POEMAA túa plumaxe é de cor escura, a túa cola de cor vermella e ao voar todo é fermosura.Cando estás contento es fermoso,cando estás triste non es bonito, pero ao voar es amoroso.

RULANOME CIENTÍFICO: Streptopelia tuturVERTEBRADO Ou INVERTEBRADO: VertebradoGRUPO: AvesCARACTERÍSTICAS DO SEU CORPO: Ten ás, plumas cobertoiras eprotectoras,as súas patas teñen escamas teñen un peteiro forte.FORMA DE DESPRAZAMENTO: Desprázanse polo aire, é dicir, coas ás.ALIMENTACIÓN: Dunha maneira moi especial que é esta: comen gransde avea sen casca, alpiste,trigo.....REPRODUCIÓN: reprodúcense mediante ovos e cando a nai pon os ovoso pai cóidaos catro semanas ata que medren as crías comen o sólidoao cabo de tres semanas

POEMA A rula eu son. Teño un peteiro forte coma un ferreiroque pode partir un melón. A rula son eu. Voando polos ceos vou e sempre aí estou,porque Deus alas me deu.

INVERTEBRADOS MARIÑOS


Like this book? You can publish your book online for free in a few minutes!
Create your own flipbook